Wikia Bola do Dragón
Advertisement

O Ōzaru (大猿, Ōzaru) ou Gran Simio, é unha transformación propia daqueles pertencentes á raza dos saiyans (incluíndo híbridos). É a habilidade que teñen os saiyans para se converteren nun gorila xigante (excepto aqueles que carezan de rabo) ó se expoñeren á luz da Lúa chea.

Características

A simple vista os Ōzaru son moi similares a King Kong, un gorila xigante que apareceu por primeira vez nunha película do mesmo nome en 1933, pero cun rabo, unha cabeza máis parecida á dun babuíno, dentes afiados, orellas en punta e brillantes ollos vermellos. A pesar de que a súa estrutura muscular é semellante á dun gorila, a medida que avanza a historia, o deseño da forma e musculatura do Ōzaru faise máis prominente e definida. En xeral, a forma do Ōzaru non se asemella directamente a ningunha especie de primate existente. Cando un Saiyan se converte en Ōzaru, a súa forza multiplícase por 10. Un Saiyan que non teña control da transformación perderá a capacidade de razoar neste estado, exhibindo un comportamento agresivo e destrutivo. Polo iso, nos seus adestramentos, os saiyans aprenden como manexar os seus instintos e conservar a capacidade de razoar mentres son Ōzaru, isto explica por que Goku e Gohan perdían o control xa que non recibisen ningún tipo de adestramento. Ademais nesta transformación o Saiyan aínda pode lanzar ataques de enerxía.

O adestramento fai que o Saiyan poida manter a capacidade de razoar, poder distinguir entre amigos e inimigos, non quedar inconsciente tras saír da transformación xa que esta consume todo o Ki do Saiyan, mesmo a capacidade de falar mentres se está nesta transformación. Se un Saiyan usa a Armadura de combate, esta estricarase e despois poderase contraer, polo que o Saiyan nunca perderá as súas prendas, á diferenza de Gohan e Goku que ó empregar vestimenta común, esta se destruía.

Advertisement